Detido tras roubar material de depilación do interior dun coche
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional de Pontevedra identificaron e detiveron a un home de 27 anos de idade, veciño de Marín, con antecedentes policiais, como presunto autor dun delito de roubo con forza en interior de vehículo.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial, o vehículo que se atopaba estacionado na rúa Xoan Manuel Pintos, fronte o Pavillón dos Deportes de Pontevedra.
O ladrón, tras fracturarlle o portelo dianteiro, subtraeu do interior do coche unha maleta con diverso material de depilación, 200 euros en efectivo e un teléfono móbil.
Despois de presentar a vítima a oportuna denuncia iniciouse a investigación dos axentes que culminou coa identificación e detención do presunto autor do roubo o día 4 de marzo.
Os policías lograron recuperar o teléfono móbil que lle foi entregado á súa propietaria.