Os ladróns visitan o Instituto
Por Redacción
O instituto de ensino secundario Xunqueira I, sufriu este martes a desagradable visita duns ladróns.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría da Policía Nacional de Pontevedra, os cacos asaltaron a zona da secretaría, onde deixaron todo revolto e mesmo arrincaron o bombín da fechadura da porta.
Foi o conserxe do centro educativo quen alertou á Policía á primeira hora da mañá.
Con todo non hai constancia de que falte nada, polo que se cre que os asaltantes marcharon do instituto sen o seu botín.
Iso si, no balance da súa visita deixaron dúas portas forzadas, a caixa de alarma rota e moito desorde.
Polo momento non hai constancia de que se presentase denuncia por estes feitos.