Que fan unhas noivas portando ladrillos na Ferrería?
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dúas estudantes de Belas Artes vestidas con traxe de noiva realizaron unha performance durante a tarde deste luns 7 de marzo, véspera do Día da Muller. A proposta, que foi seguida polas persoas que se achegaban pola praza, consistía en trasladar unha chea de ladrillos agrupados nun punto da praza durante uns metros para construír un muro.
O acto finalizaba coas dúas mulleres sentadas sobre o muro de ladrillos e quitándose o traxe de noiva para quedar vestidas unicamente cun bodi.
Compañeiros destas estudantes realizaban fotografías e vídeos desta intervención artística e de reivindicación do papel da muller na sociedade.
Performance sobre a muller na Ferrería
© PontevedraViva / Mónica Patxot