A farmacéutica pontevedresa Natalia Vérez, gañadora dun premio á Innovación
Por Redacción
O traballo presentado pola farmacéutica Natalia Vérez, con oficina de farmacia en Pontevedra, baseado na atención aos coidadores dos enfermos de Alzheimer, foi un dos tres proxectos gañadores da sexta edición dos Premios Cinfa á Innovación na Farmacia Comunitaria.
O seu traballo consiste nun programa de Atención Farmacéutica a coidadores familiares de enfermos de Alzheimer, onde se analizan indicadores como a sobrecarga, a ansiedade e a depresión e exponse medidas preventivas para evitar a deterioración da súa saúde física e mental.
INNOVACIÓN POLA SAÚDE
A farmacéutica de Pontevedra, xunto aos outros dous premiados, recibirá o seu galardón nun acto de entrega o próximo 9 de marzo ás 16.30 horas na Sala 5 de Infarma, e de mans de Enrique Ordieres, presidente de Cinfa.
Con estes premios, o que é o laboratorio máis presente nos fogares españois, recoñece un ano máis, o labor dos profesionais farmacéuticos por responder as necesidades reais dos pacientes.