Chega o sol para os vindeiros días
Por Redacción
Para os vindeiros días, esperase que mellore o tempo polo que paulatinamente os chuvascos darán paso ao sol. Segundo MeteoGalicia, manteranse os ceos parcialmente anubrados durante as primeiras xornadas da semana, con probabilidades de precipitacións durante este luns 7 e a mañá do mércores 9 de marzo.
En canto ás temperaturas, serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso suave e máximas sen cambios, ata o xoves, cando comezarán un lento ascenso. Así, as temperaturas pasaran de oscilar entre os 3 e 14 graos o martes, a estar situadas entre os 7 e 17 graos o venres.
De cara á fin de semana, a provincia de Pontevedra quedará baixo a influencia anticiclónica, polo que se agarda un tempo seco e con temperaturas en moderado ascenso.