Os comerciantes de Ezequiel Massoni demandan máis actividades na súa rúa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O pasado xoves a concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, mantivo unha reunión con varios comerciantes da zona de Ezequiel Massoni, na que lle solicitaron acoller algunhas das actividades que tanto dende o concello coma outras asociacións fanse na Alameda.
O Concello comprometeuse en intentar aumentar o número de actividades nesa zona, pero lembrou que moitas veces son as propias asociacións as que non queren cambiar o emprazamento, polo atractivo da propia alameda de Marín.
A concelleira lembroulles actividades coma o cine en verán, as galas nas festas, actividades da festa corsaria, o programa da TVG, a chegada dos Reis Magos, ou a entrega dos premios do desfile do entroido e ademáis a edil xustificou que a remodelación das canchas deportivas "atraen a moitos máis nenos que as utilizan de xeito intensivo con moita afluencia sobre todo polas".
Os comerciantes tamén solicitaron dúas prazas de aparcamento de tempo limitado, e que se fixera algún tipo de actuación na rotonda, dado que "é incomoda" tanto para os vehículos, como para os viandantes, porque "se mollan en canto sopra un pouco de vento".
Así mesmo quixeron transmitir a súa preocupación pola utilidade no futuro da actual Casa do Mar.