O abastecemento de auga potable chega a Cunchidos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Pontevedra iniciará este mércores os traballos para dotar de abastecemento de auga potable a unha boa parte do núcleo de Cunchidos, na parroquia de Lourizán.
A empresa que a executa é Viaqua que realizará esta mellora a cargo das melloras da rede de abastecemento en baixa e de saneamento que contempla o seu contrato. O custe das obras é de 29.318,61 euros.
As obras inclúen arredor de 250 metros de rede de abastecemento (en tres tramos) así como a conexión á rede existente para dar servizo a un grupo de vivendas que neste momento carecen del.
O prazo de execución da obra é dun mes, aproximadamente.