O sol dá paso a chuvascos intermitentes durante toda a semana
Por Redacción
O bo tempo destes últimos días caracterizado por ceos despexados e sol, aínda que con baixas temperaturas, dará paso a un máis inestable.
Segundo MeteoGalicia, espéranse para os vindeiros días precipitacións intermitentes, especialmente de cara ao xoves. Durante esta xornada, prevese chuvia débil, que irá remitindo de cara a fin de semana, aínda que con altas probabilidades de chuvascos.
En canto ás temperaturas, continuarán manténdose normais para a época do ano na que nos atopamos e virán acompañadas de ventos febles durante as próximas xornadas, empeorado lixeiramente durante o venres. Con todo, apreciarase unha mellora nas mínimas e máximas que alcanzarán os oito e trece graos, respectivamente, de cara á fin de semana.
A medida que a masa de aire polar marítimo se desprace cara o leste, a provincia de Pontevedra quedará baixo a influencia das altas presións. Isto suporá a volta de ceo despexado e sol a partir do martes, e un ascenso moderado das temperaturas.