Marín proxecta o asfaltado do acceso ao pavillón da Raña
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Marín anunciou que está a traballar nunha actuación que permitirá mellorar notablemente o acceso ao pavillón de Raña.
Trátase dun asfaltado completo de todo este ámbito e da zona de aparcadoiro habilitada ao seu ao redor, ordenando ademais os espazos.
O investimento previsto para esta obra ascende a 32.563 euros.
O goberno municipal entende que a afluencia de público e de usuarios ás instalacións deportivas, tanto en días laborables como nas fins de semana, para asistir ás competicións que se celebran, xeran neste espazo unha circulación e un tránsito importante, polo que consideran prioritaria esta actuación ante o mal estado do firme.
Ademais, o Concello está a ultimar outros proxectos para a contorna da subida a San Pedro e do campo de fútbol, zonas que requiren tamén unha actuación no firme e na ordenación dos espazos para aparcadoiro.