A fronte polar deixa temperaturas frías e chuvascos intermitentes nas Rías Baixas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A fronte polar chegada nas últimas horas deixa tras de si un ceo bastante anubrado nas Rías Baixas, aínda que se poderá ver algún claro en determinados momentos do día. Así, segundo Meteogalicia, se prevén precipitacións ocasionais ao longo das sucesivas xornadas ata o domingo 28, cando a auga dará unha pequena tregua.
Os ventos do norte, feble durante xoves e venres, cobrarán forza o sábado aínda que tampouco se esperan ventos excesivamente fortes, senón máis ben moderados.
As temperaturas corresponderanse coa época do ano na que estamos. O xoves 25 haberá mínimas de 8 graos e máximas de 13, en descenso suave nos vindeiros días, alcanzando os 3 graos o sábado 27.
A partir do domingo a masa de aire polar desprazarase cara o leste peninsular, deixando a provincia de Pontevedra baixo a influencia das altas presións. Así, o comezo da próxima semana manterase estable con escasas variacións: ventos do norte e alternancia de claros e nubes con algún chuvasco a partir do martes.
Predición do 25 de febreiro de MeteoGalicia
© MeteoGalicia