Suárez Costa recibe os colectivos sociais e veciñais de Marín
Por Redacción
Atendendo a unha petición das diferentes asociacións, o presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa, recibiu a representantes de colectivos sociais e vecinales de Marín entre os que estaban a Federación de Asociacións Veciñais Ría de Marín, e as asociacións de veciños San José de Cantodarea, Xuntanza do Río Loira, Ardán e comarca, Francisco Pérez Crespo, Viñas Brancas, Camiño Vello Marín-Comarca e ADEMAR (Asociación para a Defensa de Marín).
Suárez Costa fixo unha exposición aos representantes vecinales das principais liñas de traballo do Porto e os seus retos de futuro e animoulles a manter "unha vía aberta de diálogo e colaboración" para loitar en común polo futuro do Porto de Marín e en defensa dos postos de traballo e da actividade económica que xera na contorna.