Pontevedra únese á "Siembra" para diminuír a fame
Por Redacción
"Plántale cara al hambre: Siembra" é o lema da nova campaña trienal 2016-2018 de Manos Unidas, que ten por obxectivo "diminuír a fame no mundo e reforzar o dereito á alimentación das persoas máis pobres e vulnerables do planeta". Na presentación durante a mañá de hoxe, luns 1 de febreiro, na Delegación de Manos Unidas de Pontevedra, expuxéronse os proxectos que levarán a cabo desde a cidade para "darlle maior visibilidade á campaña", contando para iso coa presenza de Mado Manyingo, pertencente ás Irmás Mercedarias Misioneiras de Berriz.
Para o desenvolvemento destes proxectos, Manos Unidas conta coa axuda Mado Manyingo, quen manifestou as principais necesidades existentes en Catanga. Entre estas necesidades, destacou a formación das mulleres dentro dunha sociedade fortemente machista, na que "as mozas non teñen sorte de estudar", quedando relegadas ás tarefas do fogar. Así, as relixiosas dirixen un colexio, con máis de 1.000 alumnas, para garantirlle unha educación sobre todo ás máis novas. Mado afirmou a necesidade dunha a formación no terreo da informática, para o que atoparon un apoio en Manos Unidas, a través da creación de dúas aulas e unha aula grande que están a funcionar desde o ano pasado.
Así mesmo, as Irmás Mercedarias contribúen ao sostemento das familias a través de talleres impartidos nos centros nutricionais, por exemplo de agricultura ou costura. En definitiva, "esta siembra va más orientada a atender a las mujeres porque se puede sembrar también desde la formación, la educación, porque ahí damos herramientas que pueden ayudar a la persona a salir adelante", declarou Mado.
A misioneira congoleña ofrecerá unha conferencia "Plántalle cara á fame: a experiencia de Mado Manyingo na R.D. do Congo" este martes 2 de febreiro, na Casa dás Campás ás 20.30 horas.
En concreto, coa colaboración desta misioneira, levarán a cabo dous proxectos de axuda para o desenvolvemento dos pobos do sur en Ruanda e Camerún. No primeiro caso, Ruanda, investiranse 37.000 euros para a rehabilitación de nove aulas dunha escola de educación primaria rural, como consecuencia do aumento de alumnos. Este proxecto tamén se inclúe dentro de Programa Nacional para o incentivo das escolas, a través do cal se colabora financiando parte do equipamento dos centros educativos e do propio profesorado.
En canto ao proxecto de Camerún investiranse un total de 57.000 euros para erixir un bloque dunha planta cun comedor, unha cociña e un baño. Ademais, tamén se construirá un pozo con alxibe co obxectivo de previr a contaminación da auga. Con esta iniciativa búscase previr os problemas de escolarización destas zonas e, consecuentemente, doutros como a mendicidade infantil.
O venres 12 de febreiro, realizarase unha cea solidaria no Centro Parroquial de Santa María a Maior, en favor de Manos Unidas para celebrar o Día do Xaxún Voluntario e como un xesto de apoio a todas aquelas persoas que sofren a fame no mundo.