Buscan os tres ladróns que asaltaron unha casa de Ponte Caldelas e deixaron amordazado o dono
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Garda Civil investiga o roubo rexistrado na tarde deste martes en Ponte Caldelas e busca a tres homes de orixe suramericana como presuntos autores do mesmo, no que levaron un botín de miles de euros.
Os tres sospeitosos chegaron á casa e, baixo ameazas, obrigárono a entregarlles todo o diñeiro que tiña na caixa forte. Das conversacións que mantiveron entre eles e con el durante ese tempo, o home concluíu que falaban con acento suramericano e así llo fixo chegar aos gardas que agora investigan o caso.
Tras facerse co diñeiro, atárono e amordazárono e, unha vez revisado o resto do inmoble, fóronse, deixándoo nesa situación. O home empezou a pedir axuda e acudiu un veciño da zona, que lle escoitou e chamou posteriormente á Garda Civil para alertar do que pasara.
A Garda Civil abriu unha investigación na que recolleu probas na propia vivienda e agora están a buscar aos ladróns e o vehículo no que se desprazaron ata o entorno do casco urbano de Pontevedra.