A Audiencia de Pontevedra xulgará un home que empregou o seu pitbull para atacar un mozo
Por Oskar Viéitez
Este martes 26 de xaneiro sentará no banco dos acusados da Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra, C.R.R. un veciño do Porriño, con antecedentes penais por malos tratos habituais, que está acusado dun delito de lesións con deformidade e falta contra os intereses xerais.
Xúlgase un home acusado de agredir a outro e de mandar o seu can que atacase á vítima, con quen discutiu despois de que esta chamáselle a atención por pasear a un pitbull sen correa nin boceira. O fiscal pide que sexa condenado a cinco anos de prisión e multa.
Segundo o escrito de acusación facilitado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, xunto ás mordeduras do can a vítima sufriu a fractura de varios dentes como consecuencia das puñadas e paraguazos que lle propinou o acusado.
Ademais da solicitude de cinco anos de cárcere, a Fiscalía solicita 360 euros de multa, e 6.500 de indemnización ao agredido.