Regueiro de incidentes pola treboada
Por Redacción
Unha forte tromba de auga, acompañada de aparello eléctrico e forte vento deixou este sábado un regueiro de incidentes no municipio de Pontevedra. Sucedeu pasada as catro da tarde.
Segundo fontes oficiais do Concello de Pontevedra, entre os contratempos rexistrados figuran:
- Caída dunha árbore na rúa Escultor Acuña.
- Caída dunha árbore na avenida Fernández Ladreda.
- Cortado o acceso á zona de aparcadoiro no peirao das Corbaceiras.
- Peche puntual ao tráfico dun carril na PO-11 por balsas de auga (autovía de Marín)
- Caía dun valo publicitario na Avenida 12 de novembro
- Caída dun poste da luz sobre o tendido eléctrico na Avenida Fernández Ladreda.
- Caída dunha chapa na rúa Loureiro Crespo
- Caída dunha chapa na parte traseira do Hospital Provincial
- Colectores movidos polo vento