A provincia de Pontevedra acolle cinco manifestacións diarias
Por Redacción
A provincia de Pontevedra acolleu un total de 1.854 manifestacións ao longo do ano 2014, segundo os datos recollidos na última memoria publicada polo Ministerio do Interior.
Neste anuario estatístico recolle que 68 mobilizacións foron prohibidas, máis dunha por semana.
En dito documento sitúase como os principais promotores das mobilizacións e manifestacións dese ano aos sindicatos con 836 convocatorias seguidos polos comités de empresa e traballadores. Outros convocantes citados no documento son os colectivos de estudantes, asociacións e entidades ambientalistas.
En canto á temática, neste apartado o Ministerio do Interior recolle que a cuestión laboral é o principal motor das manifestacións que decorreron nese ano.
As convocadas contra medidas políticas e lexislativas ou de asuntos veciñais, tamén representan un grupo importante.