Os cómplices dos Reis Magos deixan 20.000 euros no comercio local
Por Redacción
Dende a Oficina de Voluntariado de Pontevedra, VOU, expresan unhas inmensas "grazas" por facer posible que os Reis Magos cheguen esta noite a todos os fogares ao acadarse o obxectivo de que ningún rapaz do concello quedase sen agasallo.
O programa (en)Volve pechouse coa recepción de 437 cartas de nenos para os que se asignaron outros tantos cómplices máis outros 15 de emerxencia (cartas reasignadas), quedando unha treintena fóra.
Os xoguetes e agasallos xa están no seu destino.
A Concellería de Benestar Social subliña a dose de solidariedade que hai detrás do xesto de ser cómplice, unha solidariedade que marca a forma de ser dos pontevedreses.
O departamento municipal tamén subliña o feito de que o 99% dos xoguetes e agasallos entregados neste programa foron adquiridos no comercio local amosando que a solidariedade reporta beneficios a todos.
Estes agasallos deixaron arredor de 20.000 euros nos establecementos da cidade.