A Federación de Veciños Teucro propón que a festa HQR leve o Cidade de Pontevedra
Por Redacción
A Federación de Asociación de Veciños Teucro de Pontevedra realizou unha nova proposta para os premios Cidade de Pontevedra 2016. Propón que se lle conceda este ano á festa HQR!, organizada polo xornal Diario de Pontevedra.
O seu presidente, Miguel Anxo Vilacoba García, presentou por escrito a súa candidatura argumentando como motivos que ao longo dos anos que se leva celebrando se converteu "na mellor festa do deporte base en Galicia".
A federación lembra que a principal finalidade desta festa é promover a práctica do deporte e aspectos como o compañeirismo, a diversión e a solidariedade, todo por diante da competitividade e o resultado deportivo, que se completa ademáis co Premio HQR!-Almansa para recoñecer a persoa, persoas ou entidade deportiva que contribúe de maneira desinteresada ao deporte base.
A festa HQR! empezou a organizarse no ano 2000 e conta anualmente coa participación da práctica totalidade dos clubes da comarca e con entidades procedentes de moitos puntos da xeografía galega.
Relacionadas:
-
Calros Solla e o IES Luis Seoane, premios Cidade de Pontevedra 2015
Por Redacción |
-
O Cidade de Pontevedra é cousa de seis
Por Redacción |
-
Evaristo Portela, candidato ao Cidade de Pontevedra polo seu labor á fronte do Super Froiz
Por Redacción |
-
O Mace-Sport, primeiro candidato aos premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |