Hidetoshi Mori "Toshiño", o xaponés fanático do Celta, coñece Ponte Caldelas
Por Redacción
É socio da Peña Celtista do Verdugo, pero a diferenza do resto de integrantes deste grupo, Hidetoshi Mori "Toshiño" vive a máis de 10.700 quilómetros de distancia de Galicia. É xaponés, afeccionado ao Celta de Vigo e por cuarta vez visita a comunidade galega. Nesta ocasión púxose en contacto coa peña para acudir ao encontro entre o Celta de Vigo e o Athlétic de Bilbao que se disputará en Balaídos.
Este curioso afeccionado visitou Ponte Caldelas onde lle recibiu o alcalde Andrés Díaz, que lle regalou unha réplica do Monumento ao Pescador como símbolo do municipio. Ademais, o rexedor convidou a "Toshiño" a visitar a contorna do río Verdugo e a probar o cocido galego.
"Toshiño" fíxose afeccionado ao Celta de Vigo desde a época do medio centro brasileiro Mazinho, o seu ídolo futbolístico. O presidente do equipo celeste obsequioulle cunha camiseta asinada por todos os xogadores do primeiro equipo e acudirán ao palco como convidado do máximo dirixente do club, Carlos Mouriño.