Sanxenxo arromba os terreos do seu polígono industrial para evitar o seu deterioramento
Por Redacción
Frear a deterioración que presentan estes terreos e toda a zona urbanizada. Con ese obxectivo, o Concello de Sanxenxo puxo en marcha un operativo de limpeza das parcelas municipais no polígono industrial de Sanxenxo (SU 15). A intención é estean arrombadas antes de que conclúa o ano.
Nos próximos días, os operarios encargaranse de rozar a intensa maleza das parcelas municipais, á vez que tratarán de frear a proliferación de plantas invasoras que causan serios danos nas zonas máis próximas aos viarios urbanizados.
O concelleiro de Servizos, Maxi González, supervisou o inicio dos traballos que comezou coa eliminación de pequenas árbores e pasará despois ao cortado da vexetación baixa.
Unha vez despexadas as parcelas, o Concello procederá á nivelación das mesmas co obxectivo de facilitar o seu mantemento posterior, incluíndoas na planificación de limpeza periódica que o departamento municipal realiza en camiños e outros espazos públicos.
O Concello de Sanxenxo dispón de 74.000 metros cadrados no polígono industrial destinados a zonas verdes; 38.000 metros cadrados en parcelas edificables e outros 13.000 en zonas de equipamento.
A partir de agora, ademais, a intención do Concello é manter, ata a súa recepción, as parcelas municipais limpas.
Paralelamente á limpeza, a mesa de traballo constituída para desbloquear a situación do polígono segue avanzando, estando pendente unha nova reunión co Concello de Meaño para avanzar no proxecto de saneamento que permitirá a conexión do SU 15.
Relacionadas:
-
O goberno local de Sanxenxo lembra a Telmo Martín que o PP tivo 8 anos para xestionar o polígono
Por Redacción |
-
Telmo Martín reclama ao catripartito xestionar o parque empresarial de Nantes
Por Redacción |
-
O alcalde de Sanxenxo invita a Telmo Martín a instalar as súas empresas no polígono industrial de Nantes
Por Redacción |