Dous feridos nunha colisión entre dous turismos en Meaño
Por Anxo Lourido
Un home de ao redor de 70 anos, José Rivas Fernández, e unha muller, María Lina Franco, resultaron feridos esta tarde tras unha colisión frontolateral entre os dous turismos que conducían.
Segundo os primeiros indicios, o accidente produciuse cando o home perdeu o control do Renault Clío que pilotaba e impactou contra o outro vehículo. Segundo Protección Civil de Cambados, os dous feridos foron trasladados ata o Hospital Domínguez con dores cervicais e, no caso da muller, tamén con dor torácica.
Foi un particular quen alertou o 112 e ata a zona se trasladou unha ambulancia do servizo de Urxencias Médicas, Tráfico e Protección Civil de Cambados.