Conclúe en Forzáns o curso de alfabetización informática
Por Redacción
Un total de 25 alumnos maiores de 60 anos, que nunca antes sentaran diante dun computador, concluíron con éxito o curso de alfabetización informática e internet organizado pola Asociación Cutural O Torreiro de Forzáns, dentro do programa "Pensa en Ti" da Deputación de Pontevedra.
Durante este tempo puideron adquirir as habilidades necesarias para desenvolverse con soltura na sociedade actual, sacando o máximo proveito do computador a nivel usuario.
O curso supuxo tamén que o Centro Sociocultural de Forzáns conte, despois de 4 anos e medio desde a súa inauguración, con acceso a internet.
Ao finalizar o curso, os asistentes premiaron aos seus monitores cunha merenda e agradecéronlles a paciencia e os coñecementos transmitidos.