Papá Noel deixa o trineo para subirse á moto
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/e0f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/57c3f9decc-img-20160829-wa0030.jpg)
Por Diego Torrado
Ao redor de 25 motos participaron na "Papanoelada", un divertido encontro de afeccionados ás dúas rodas motorizadas no que os participantes percorreron diferentes puntos do municipio de Marín para repartir caramelos entre os máis pequenos.
Este evento foi organizado polo motoclub Taranis coa colaboración do Concello e os motoristas vestíronse coas roupas típicas de Papá Noel para realizar unha viaxe desde a Escola Naval de Marín ata a rotonda de Ardán, pasando por Ezequiel Massoni, a estrada de Moaña ata chegar á rotonda de Pardavila para volver ao lugar de encontro por Jaime Janer.
Esta agrupación de moteiros cumpren desta maneira cunha tradición que levan desenvolvendo en diferentes puntos de Galicia.
Papanoelada en moto por Marín
© Diego Torrado