Achégase unha borrasca desde o Atlántico que deixará chuvias nas Rías Baixas durante toda a semana
Por Redacción
Este domingo 13 comezará a achegarse unha fronte ás Rías Baixas, segundo información do servizo de MeteoGalicia.
Desta forma, espéranse ceos alternando nubes e claros nas primeiras horas do día pero co avance da xornada iranse cubrindo pola zona oeste, con choivas que comezarán nas horas centrais do día e que se erán estendendo desde o oeste ao resto de Galicia. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios significativos situándose entre os 7 e os 17 graos. Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados en xeral, fortes con intervalos moi fortes no litoral e nas zonas altas.
Durante o luns 14, Galicia sitúase nunha zona intermedia entre o anticiclón que persiste sobre Europa e as borrascas que entran desde o Atlántico. Os ceos permanecerán nubrados en xeral, con precipitacións persistentes no sur e no oeste da comunidade, afectando ás Rías Baixas. As temperaturas mínimas ascenderán de maneira moderada mentres que as máximas situaranse sobre os 16 graos. O vento soprará frouxo do sur, con intervalos moderados.
Na xornada do martes 15, a influencia das borrascas atlánticas se mantedrá cunha fronte asociada que se aproximára desde o noroeste. Os ceos presentaranse nubrados ou cubertos con choivas que se iniciarán polo noroeste. As precipitacións serán fortes en zonas próximas ao litoral Atlántico. As temperaturas ascenderán situándose entre os 12 e os 17 graos, mentres que os ventos soprarán de compoñente sur moderados, con intervalos fortes no litoral e nas zonas altas.
Ao longo de toda a semana as borrascas seguirán entrando polo noroeste, con altas probabilidades de precipitacións na franxa atlántica ata o domingo 20. Os ventos seguirán sendo de compoñente sur con temperaturas suaves entre 13 e 16 graos.