"España es, treinta y siete años después de la promulgación de esta Ley de Leyes, una nación en paz"
Por Redacción
A sede da Subdelegación do Goberno en Pontevedra acolleu este domingo o acto institucional conmemorativo do 37º Aniversario da Constitución Española.
De novo o salón de actos do vello edificio da Alameda volveuse a quedar pequeno para acoller ao gran número de invitados que coincidiron no acto.
Tan só por citar a algunhas autoridades asistiron a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo; o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello; o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o presidente do Consello Consultivo, José Luis Costa Pillado; o presidente do a Audiencia provincial, Francisco Javier Menéndez; o fiscal xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro; o xeneral xefe da Brilat, Luís Cebrián; o subdelegado de Defensa en Pontevedra, Anxo G. de Miguel Campos; o comandante director da Escola Naval de Marín, José María Núñez; o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra; Miguel Estévez e o comisario provincial da Policía Nacional, Manuel Bouzas, entre outras autoridades civís e militares.
No seu discurso o subdelegado do Goberno lembrou como se fraguou a redacción da Constitución de 1978 e asegurou que "España es, treinta y siete años después de la promulgación de esta Ley de Leyes, una nación en paz, abierta y comprensiva, avanzada en sus desarrollos sociales, y tenida en cuenta en todos los foros internacionales del mundo occidental".
O PAPEL DA MONARQUÍA
Así mesmo apelou ao papel que desempeñou a Monarquía no desenvolvemento da Constitución. Aos eloxios para o rei Juan Carlos I seguiron outros tantos dirixidos á figura do seu fillo o rei Felipe VI, do que sinalou que tomou a substitución e outorgou á institución "un aire joven, dinámico y profundamente innovador".
Ese é, a xuízo de Coello, "el perfil de la España del siglo XXI". E dirixíndose aos mozos destacou que "estamos ante un segmento de población rotundamente esperanzador, participativo y solidario en su vertiente personal y altamente cualificado desde el punto de vista profesional".
ESPIRITU DE CONSENSO
A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, reivindicou no seu discurso o "espíritu de consenso en el que nació" a vixente Constitución española.
A titular do lexislativo galego recordou a "amplísima mayoría" coa que o pobo español ratificou a Constitución de 1978, amosándose convencida de que "debemos recordar y mantener el legado de esa época tan fructífera en la historia de España".
ENTREGA DE CONDECORACIÓNS
No marco do 37º Aniversario da Constitución, procedeuse a entregar condecoracións pertencentes á Orde do Mérito Civil, Medallas ao Mérito da Protección Civil.
Tamén se fixo entrega dunha Insignia da Real Orde de Recoñecemento Civil ás Vítimas de Terrorismo, ao policía local Miguel Conde Berdullas, e unha encomenda da Real Orde de Recoñecemento Civil ás Vítimas do Terrorismo, ao policía local don Antonio Javier Porras Gómez, ambas as distincións como consecuencia do atentado terrorista labor pola organización terrorista Exército Guerrilleiro do Povo Galego Ceive, o 11 de outubro de 1990 en Vilagarcía de Arousa.