La Mattina, un referente de moda en complementos de muller
La Mattina, situada na rúa Cruz Gallastegui nº 1 local F, de Pontevedra, abriu as súas portas en decembro do 2014 e é xa un referente para os amantes de complementos de muller que buscan as últimas tendencias.
En La Mattina conflúen diferentes estilos. Así, podemos atopar marcas internacionais como FURLA, LIU.JO e LIEBESKIN BERLIN, xa moi consolidadas no mercado e, doutra banda, marcas made in Spain, como ZUBI, THE LUNCH BAG e TITA MADRID, de deseñadores españois, que xa teñen unha gran proxección nacional e tamén fóra das nosas fronteiras.
Bolsos orixinais e funcionais que, segundo nos contan as súas propietarias Beatriz Rodríguez e Yolanda García, son un gran éxito de vendas pola súa orixinalidade e deseño.
Aínda que o que prima son os complementos, tamén se poden atopar roupa de varias marcas francesas, así como unha liña de plumíferos, vaqueiros e calzado da marca Italiana LIU.JO.