Trasladan a un traballador en Poio tras sufrir un accidente co torno
Por Redacción
O persoal sanitario de urxencia trasladou esta tarde ao Hospital Domínguez de Pontevedra a un operario que perdera a consciencia cando se atopaba no seu posto de traballo.
O particular que alertou ao CAE 112 Galicia asegurou que o traballador sufrira un accidente co torno que manexaba e que se atopaba liberado e accesible.
Así, dende o 112 Galicia informouse, de seguido, a Urxencias Médicas, GES de Sanxenxo, Protección Civil de Poio e Garda Civil.
O suceso tivo lugar na rúa Oliveira, na parroquia de San Salvador de Poio, minutos antes das 17:00 horas desta tarde.