Convocan para o luns unha concentración en solidariedade coas vítimas dos atentados de París
Por Redacción
Pontevedra solidarizarase o vindeiro luns 16 de novembro coas vítimas dos últimos atentados, sufridos en París e Beirut.
Así o anunciou este sábado o alcalde da capital, Miguel Anxo Fernández Lores, tras considerar "excesivamente apresurado" realizar algún acto durante a fin de semana por problemas de organización, ao coincidir varios actos, e de dispoñibilidade dos membros da corporación municipal.
Por ese motivo convocouse unha concentración de apoio e solidariedade coas vítimas, aberta a toda a cidadanía, para as 12:30 horas do luns ente o Concello de Pontevedra.
Ademais Fernández Lores sinalou ante os medios de comunicación que remitiu un telegrama á alcaldesa de París para transmitirlle as súas condolencias.
Tamén a Deputación de Pontevedra realizará unha sinxela homenaxe o vindeiro luns nas escaleiras do Pazo Provincial, ás 12:00 horas.
Ademais a presidenta, Carmela Silva, acudirá á concentración convocada en Vigo e anima aos cidadáns para participar das concentracións convocadas nos seus respectivos municipios.