A Armada tamén recorda aos seus defuntos
Por Redacción
A Escola Naval Militar de Marín sumouse ás homenaxes aos defuntos realizados nos últimos días en toda España. En nome da Armada, este luns día 2 de novembro ofreceu unha homenaxe aos defuntos da Mariña Española.
O acto celebrouse no panteón da Armada no cemiterio da Raña, en Marín. Segundo informou o centro formativo militar, a homenaxe estivo presidido polo comandante director da Escola Naval, o capitán de Navío José María Núñez Torrente.
Na homenaxe participaron unha comisión de oficiais, suboficiais e militares de mariñeiría e tropa, ademais da banda de música da Escola Naval. Durante o acto rezouse un responso polo persoal da Armada falecido e realizouse unha ofrenda floral ante o panteón.