A Escola Naval invita os civis a xurar a bandeira
Por Redacción
A Escola Naval de Marín invita a todos os cidadáns de nacionalidade española a prestar xuramento ou promesa á bandeira, nas instalacións deste recinto militar.
O acto celebrarase o vindeiro venres día 26, coincidindo co acto de xura de bandeira dos aspirantes a oficiais dos corpos de Intendencia e Enxeñeiros.
Os civís interesados en prestar xuramento ou promesa á bandeira deberán encher unha instancia ao ministro de Defensa, a través da delegación ou subdelegación de Defensa.
Tamén poderán renovar o seu compromiso aqueles que xa presten o seu xuramento ou promesa anteriormente.