Rouban en cinco coches dun garaxe de Rosalía de Castro
Por Anxo Lourido
Os veciños do número 44 da rúa Rosalía de Catro víronse sorprendidos esta mañá ao comprobar que varios vehículos aparcados na segunda planta do garaxe do inmoble apareceron coas lúas rotas e no seu interior faltaban algúns obxectos.
"Robaron lo que había dentro, monedas, dejaron la documentación y no se llevaron unas gafas caras ni guantes de cuero pero sí se llevaron las llaves. El daño material no es muy grande. Lo malo es el transtorno que te causa", afirmaba un veciño vítima do roubo.
Ata o edificio achegáronse axentes da Policía Nacional e da Policía científica para recoller probas. Segundo confirman os veciños, "los ladrones robaron solo en el segundo piso del garaje porque aquí es más difícil que se les pueda ver porque hay menos movimiento". Afirman que na mesma rúa xa se produciran roubos en garaxes nos últimos meses e que unha veciña vira uns mozos na zona de aparcadoiro deste edificio pero escapáronse cando a viron.
Non obstante sinalan que nos últimos días non houbo ningún movemento e recoñecen que non é dificíl acceder ao garaxe "cuando entras no esperas a que se cierre el portal del garaje y supongo que ellos estudiarán y verán cómo operamos. Entonces vienen a tiro fijo y a las diez, once de la noche debieron entrar".
Os ladróns entraron e leváronse obxectos do coche dunha veciña que o deixara aberto pero non lle romperon o cristal da xanela. Non obstante, non se interesaron por un BMW convertible que se encontraba aparcado xunto aos outros vehículos nos que se produciron os roubos.