Marín mellora os accesos a beirarrúas e aos elementos dos parques infantís
Por Redacción
A brigada de obras do Concello de Marín acomete durante estes días a mellora dalgunhas das zonas de beirarrúas da vila para mellorar a accesibilidade evitando calquera tipo de obstáculo que poida obstaculizar o paso aos viandantes.
Tamén se van a realizar actuacións e pequenas reparacións nos parques infantís máis frecuentados polos menores. Segundo indica o goberno local de Marín, o uso habitual destes espazos provoca que se produzan danos que precisan de melloras en diferentes momentos do ano.
Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén propuxo a mesa de contratación para licitar a obra de ampliación do aparcadoiro en Marín, ademais da aprobación do proxecto técnico da mellora do comportamento hidráulico do río Lameira.