O Concello mellora a senda peonil do Lérez entre o carril-bici e a praia fluvial
Por Redacción
O Concello de Pontevedra iniciou esta semana os traballos de acondicionamento da senda do Lérez que une o final do carril bici coa praia fluvial. Na actualidade é un espazo feito con grava branca que está bastante deteriorado e con moitas fochancas.
Para mellorar este espazo, volverase a instalar un pavimento acorde co entorno pero máis duradeiro, ademais de rozar a zona máis próxima ao río para que non invada este carril bici.
O orzamento total desta intervención é de 53.681,78 euros.
Hai escasos meses o Concello tamén realizou traballos de mantemento desta senda, pero naquel caso foi a construción dun muro de contención no paseo peonil do río Lérez, entre o fin do carril-bici e a praia fluvial. Corrixiuse un afundimento do terreo que levaba cortado varios meses.
Aquela obra completouse coa instalación dunha varanda de madeira duns 80 metros. A intervención tivera un custe de 50.000 euros.