Atopan o cadáver dunha muller na praia de Pragueira
Por Redacción
O corpo sen vida dunha muller foi localizado este sábado na praia de Pragueira, en Sanxenxo.
Segundo informou o Centro de Atención a Emerxencias do 112 Galicia, os medios desprazados ao lugar barallan o afogamento como posible causa da morte aínda que polo momento descoñécense as causas do suceso.
Tras recibir a alerta ao fío das 12,00 horas deste sábado, o CAE 112 Galicia informou ao Servizo de Gardacostas de Galicia e Salvamento Marítimo.
Os axentes da Garda Civil e técnicos sanitarios xa se atopaban no lugar dos feitos.