Comezan as obras de reparación urxente do cruzamento ao carón da Audiencia
Por Redacción
As obras de rehabilitación das rúas da cidade estragadas polos efectos dos pasados temporais continúan a bo ritmo. Tras iniciarse a semana pasada na Porta de Trabancas, a empresa Eiriña amplía os seus traballos ao cruzamento das rúas Rosalía de Castro e Avenida Raiña Victoria, xusto ao carón da Audiencia Provincial.
Para permitir a reparación do firme da estrada, nun paso onde conflúen un alto número de peóns e vehículos, a Policía Local estableceu un operativo especial de tráfico. A partir das 10:00 horas pecharase o carril de saída da cidade na Avenida Raíña Vitoria (sentido Augusto García Sánchez - Alameda).
Manterase aberto á circulación de vehículos o carril de entrada a cidade (sentido Paseo de Colón - Augusto García Sánchez). A saída se habilita por Xeneral Rubín cara a rúa Fernández Ladreda e para os vehículos procedentes de Eduardo Pondal aconséllase o desvío pola rúa Alcalde Hevía cara a rúa Fernández Ladreda.
Ademais, a Policía Local procederá a sinalizar os desvíos e a zona de obra, permitindo o acceso dende Augusto García Sánchez cara a rúa San José, e dende Palamios e Avenida Raíña Victoria cara a rúa Pastor Díaz.
As obras, segundo o Concello de Pontevedra, terán unha duración de dous semanas.