María Ramallo anuncia 900.000 euros en investimentos para o último trimestre do ano
Por Redacción
Intensos, colaborativos e cunha marcada liña continuista. Así foron, segundo María Ramallo, os cen primeiros días do seu segundo mandato á fronte do Concello de Marín.
"Entendemos que se os veciños de Marín nos deron unha segunda oportunidade para gobernar, é porque os catro anos anteriores foron valorados de maneira positiva", sinalou a alcaldesa, que anunciou que froito deste traballo ao longo dos próximos meses investiranse máis de 900.000 euros.
María Ramallo comezou o seu balance asegurando que en materia económica este mandato "nada tivo que ver cos inicios da lexislatura pasada", aínda que recoñeceu que queda traballo por facer para mellorar a atención ao cidadán, a administración electrónica ou a utilización dos recursos humanos e a ordenación e coordinación das súas tarefas.
En canto aos investimentos propios ou impulsados por outras administracións, a alcaldesa sinalou que no último trimestre do ano serán contratadas as obras de saneamento e mellora da rúa da Costa desde a entrada a Briz ata fonte, a mellora do asfaltado e reordenación do aparcadoiro do porto, a impermeabilización da praza Ponteporto, a mellora do patio de infantil do colexio de Seixo ou novas actuacións na ponte no río Lameira e contorna do novo centro de saúde.
Ademais, tamén se levará a cabo a mellora da seguridade viaria na contorna do colexio de Ardán, a reforma integral dos vestiarios no Pavillón do Sequelo, a mellora dos novos vestiarios no campo de Santomé, a humanización e mellora de servizos na rúa José del Río e a mellora da ponte na parroquia de Santa María del Campo.
Relacionadas:
-
Marín dá os primeiros pasos para dotar a Seixo dun pavillón de deportes
Por Redacción |
-
Case 50.000 euros para reformar os vestiarios do Pavillón do Sequelo
Por Redacción |
-
O BNG de Marín cualifica de "reunión de café" o encontro entre Ramallo e Feijóo
Por Redacción |
-
Feijóo anuncia que a Xunta licitará en 2016 a obra de mellora do colector xeral de Marín
Por Redacción |