Falece o submarinista de Marín que sufriu unha indisposición mentres buceaba en Bueu
Por Alejandro Espiño
Un submarinista foi trasladado en estado crítico ao Complexo Hospitalario de Pontevedra logo de sufrir unha indisposición mentres realizaba unha inmersión, acompañado dun amigo, na praia de Portomaior (Bueu). Faleceu antes de chegar ao centro hospitalario.
Segundo fontes de Protección Civil, a vítima, duns 58 años e veciño de Marín, atopouse mal mentres buceaba. Fíxolle sinais ao seu compañeiro para que se decatase do seu estado e cando se dirixía á beira a nado deixou de bracear. Foi auxiliado entón polo seu compañeiro, que o axudou a chegar ata a praia.
Unha vez alí, deu aviso ao 061, que trasladou a un equipo médico á praia. Tamén se mobilizaron no operativo de asistencia persoal do centro de saúde de Bueu, efectivos da Garda Civil e da Policía Local. Tras intentar reanimarlo durante unha media hora, foi trasladado nunha ambulancia medicalizada ao Hospital de Montecelo. Aínda que inicialmente se fixera público que chegara con vida, fontes oficiais ratifican que faleceu durante o traslado.
Ao parecer, esta parella de buceadores son moi coñecidos na zona, xa que adoitaban ir con frecuencia a practicar o submarinismo á praia de Portomaior.