Avecíñase moita tormenta no sector de ambulancias
Por Oskar Viéitez
A CIG de Pontevedra obtivo nas eleccións sindicais celebradas nas empresas do sector de ambulancias o 84,6% de representación cun total de 11 delegados.
"Pensamos rematar no mes de outubro con maioría absoluta no sector ", afirmou o responsable de CIG, Xabier Aboi.
No próximo outono empezará a negociarse o novo convenio colectivo polo que dende a central nacionalista anuncian que "se aveciña moita tormenta no sector de ambulancias".
Xabier Aboi recorda que cambiou a patronal deste sector con "xente de fóra" en referencia aos fondos de investimento que "cuxos beneficios van saír de quitarlles os dereitos aos traballadores".
Ademais de haber cambios na patronal tamén os houbo entre os representantes dos traballadores onde o sindicato nacionalista incrementou a súa representación en 15 puntos, ata reunir 11 delegados fronte ao único representante conseguido por Comisións Obreiras e outro para UXT.
Xabier Aboi, responsable do sector, atribúe estes resultados ao traballo sindical e aos posicionamentos da central nacionalista en defensa deste servizo público, antepoñendo a atención ao enfermo en primeiro lugar e as melloras laborais e sociais dos traballadores, fronte ao resto de reivindicacións.
Neste sentido a CIG xa adiantou que preparan unha campaña para reclamar á Administración maior cobertura de transporte sanitario en Pontevedra e Marín.
Relacionadas:
-
Os traballadores de Ambuibérica maniféstanse ante a Xunta para denunciar incumprimentos laborais
Por Mónica Patxot |
-
CIG desvela que a Xunta aumentará en dúas horas o servizo da ambulancia de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
A CIG alerta da presenza de 'fondos voitre' ao axexo do contrato das ambulancias
Por Oskar Viéitez |