Dez minutos para percorrer un quilómetro ao chegar a Combarro
Por Oskar Viéitez
O voceiro do Partido Popular de Poio, o concelleiro Ángel Moldes, presentou este venres un vídeo que amosa como un vehículo tarda dez minutos en percorrer un quilómetro ao chegar a Combarro a causa das retencións.
No video pode comprobarse como despois de Combarro o tráfico vóltase perfectamente fluido ata o punto que o seguinte quilómetro se percorre en 1 minuto e medio.
Dende o Partido Popular levan tempo denunciando os problemas de circulación da PO-308 e advertindo de que ditos atoamentos empeoran moito na segunda quincena de agosto, co aumento do turismo, a Festa do Mar, e a chegada de milleiros de vehículos á PO-308.
A proposta do PP continúa a ser a colocación de axentes de mobilidade no 'punto negro' da circulación en Combarro, as inmediacións da rotonda, e o Froiz, que ao seu xuízo, "solucionaría a inmensa maioría de problemas de tráfico nese punto e suporía un gran alivio para veciños, turistas e outros que atravesan o noso Concello".