Combarro foi o porto que máis embarcacións recibiu en xullo en Galicia
Por Redacción
O porto de Combarro, no concello pontevedrés de Poio, foi o que máis embarcacións recibiu durante o pasado mes de xullo en toda Galicia. Combarro recibiu 433 barcos o que significa un incremento dun 356 por cento con respecto a xullo do pasado ano.
Segundo a información dada en rolda de prensa polo presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, durante o mes de xullo os portos de titularidade autonómica rexistraron un incremento dun 11% neste mes de xullo respecto ao mesmo período do ano anterior.
En concreto os tránsitos en Galicia pasaron dos 2.098 barcos do xullo 2014 aos 2.330 barcos do mesmo mes deste ano.
No caso dos portos das Rías Baixas recibiron 262 barcos en tránsito durante o mes de xullo, na Costa da Morte ou de Muxía conseguiuse un incremento máis importante dun 148%.
José Juan Durán sinalou que a Ría de Pontevedra "confirma a consolidación desta actividade portuaria", recordando que xa o ano pasado vivira un importante asecenso. No que vai de verán, o conxunto dos portos da Ría pontevedresa conseguiron un aumento total do cen por cento o que os consolida como "líderes da náutica de recreo en Galicia", dixo Durán.
Polo que respecta ás procedencias das embarcacións en tránsito, maioritariamente foron estranxeiras, abrigo francesas, irlandesas e británicas, seguidas, de Croacia, Alemaña e Países Nórdicos.
O presidente de Portos de Galicia avanzou que xa están a traballar na campaña promocional para o ano 2016 en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, en eventos de referencia no sector do turismo náutico como a feira de Fitur, o Salón Náutico de Pavois, de La Rochelle, ou o Salón Náutico de Parín, ou as presentacións de Dublín e Cork (Irlanda).