Licitan por 1,6 millóns de euros a primeira fase da ampliación do Carlos Oroza
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a licitación da primeira fase das obras de ampliación do CIFP Carlos Oroza. Nelas, a Consellería de Cultura e Educación prevé investir 1,6 millóns de euros. O seu prazo de execución será de cinco meses, a partir da adxudicación destes traballos.
Con esta actuación, o departamento educativo busca garantir que o Carlos Oroza conte cunhas instalacións de máxima calidade xa nunha primeira fase, e que serán completadas con dúas fases posteriores.
Estas obras de ampliación teñen como principal finalidade dotar ao centro dunhas instalacións axeitadas para dar un mellor servizo aos ciclos profesionais de Hostalaría e Turismo e Industrias Alimentarias.
O proxecto inclúe a construción dun novo volume de case 1,700 metros cadrados distribuído en baixo máis dúas plantas.
Esta nova edificación, conectada co edificio existente, acollerá na planta baixa a cociña demostración, economato e almacén con cámaras de frío. Na planta primeira disporase unha aula-taller de cociña. Nunha segunda fase acondicionarase a planta segunda con talleres de panadería e pastelería e confitería-chocolatería.
Relacionadas:
-
Denuncian a inseguridade no Carlos Oroza polas obras de ampliación do centro
Por Oskar Viéitez |
-
A ampliación dos institutos Carlos Oroza e Xunqueira acometerase este verán
Por Oskar Viéitez |
-
O concelleiro de Educación cre que as obras prometidas para o Carlos Oroza son "proxectos virtuais" do PP
Por Redacción |
-
As obras de ampliación do CIFP Carlos Oroza licitaranse este mesmo ano
Por Redacción |