101 establecementos hostaleiros de Sanxenxo reciclarán vidro durante este verán
Por Redacción
Sanxenxo poñerá en marcha este verán unha campaña específica para incrementar a cantidade de vidro reciclado. Para levar a cabo esta iniciativa, 101 locais situados nas inmediacións das praias de Silgar e Baltar participarán na iniciativa.
Instalaranse 65 cubos adaptados aos 13 colectores xa situados nas praias e se serigrafiarán máis de 20 iglús situados nos puntos de maior tránsito para as dúas localidades e levaranse a cabo, segundo o goberno local de Sanxenxo, campañas informativas e de sensibilización para recordar a importancia de continuar cos habitosde reciclaxe durante o período estival.
Ao longo de 2014, Sanxenxo reciclou un total de 444.530 quilos de residuos de envases de vidro a través do colector verde. De maneira que cada cidadán depositou unha media de 25,3 quilos de residuos de envases de vidro nos colectores verdes, cifra superior á media nacional que se sitúa nos 14,8 quilos por habitante.
O municipio conta con 151 colectores verdes, que establece un colector por cada 116 habitantes. Ecovidrio, a entidade encargada do reciclado destes envases en España, puxo en marcha a campaña "Ao acabar, a Reciclar", a través da cal se premiará a todos aqueles establecementos e veraneantes que contribúan a lograr o obxectivo marcado.
A concelleira de Medio, Coral González-Haba, destacou que ademais dos beneficios ambientais que supón a recollida selectiva de vidro, o Concello aforra coa reciclaxe ao reducir a cantidade de vidro enviada a Sogama, polo que se paga un canon.