Marea Pontevedra protestará este martes pola entrada en vigor da ‘Lei Mordaza’ tomando as uvas
Por Oskar Viéitez
A lei de seguridade cidadá, coñecida como Lei Mordaza, entrará en vigor as 0:00 horas do próximo 1 de xullo. Por iso, Marea Pontevedra, convoca un acto de "despedida do Estado de Dereito" o próximo martes 30 de xuño ás 23,30 horas da noite diante da Subdelegación do Goberno de Pontevedra.
Marea Pontevedra anima a xente a achegarse con velas e mordazas. Tamén insta aos asistentes a traer as tradicionais 12 uvas "pois ás 0:00 horas producirase o cambio de ano, pasando do actual 2015 ao 1975, que é onde nos queren levar os actuais gobernantes ".
Segundo explican dende a Marea, esta lei que pretende eliminar de ‘facto’ o dereito de manifestación ou reunión ou iniciativas de resistencia pacifica ou desobediencia civil e sinalan que "está construída contra o clima de contestación social que os recortes e a perda de dereitos que estes conleva".
A nova lei substituirá á norma vixente de 1992 e contempla multas de ata 600.000 euros para condutas que eran legais ata do de agora. Para Marea Pontevedra existe unha "vulneración total do dereitos cívicos e das liberdades, e emprende un "camiño moi perigoso desde o ‘Estado de Dereito’ democrático cara a un ‘Estado Penal’ autoritario".