Rescatan un rapaz das rochas da Lanzada e unha familia nun accidente en Gondar
Por Oskar Viéitez
O Servizo Municipal de Emerxencias participou durante o sábado varios operativos de rescate.
Entre os máis destacados encóntrase o desenvolvido durante a tarde na praia da Lanzada para atender a un rapaz de 15 anos que quedou atrapado nunha zona de rochas. Dende Emerxencias Sanxenxo informaron que o rapaz tan só tiña feridas de carácter leve.
Tamén durante o sábado tiveron que acudir á rúa Progreso por unha aviso de incendio. Unha tixola esquecida no lume provocou unha gran fumareda que alarmou aos veciños. Tras ventilar a vivenda púidose comprobar como todo quedou nun susto.
Finalmente, xa pola noite, na parroquia de Gondar, os efectivos deste corpo de Emerxencias atenderon a catro membros dunha familia cuxo coche sufriu un accidente. O vehículo saíuse da vía golpeando o bordo da beirarrúa e unha balaustrada metálica ata caer nun terreo