Alarma por un escape de gas e polo incendio da frixideira dun bar
Por Diego Torrado
As alarmas dos coches de Bomberos fixéronse sentir este venres polo centro de Pontevedra a causa de dúas intervencións que, afortunadamente, foron resoltas sen contratempos.
A primeira delas, cronoloxicamente falando, tivo lugar na rúa Augusto García Sánchez por un escape de gas, foi ás seis da tarde.
Os servizos de emerxencia foron mobilizados tras detectarse un forte olor a gas nun quinto piso. Non se detectaron fugas polo que os técnicos cren que puido deberse a unha acumulación puntual.
Unha hora máis tarde os bombeiros de Pontevedra volveron que intervir nunha cafetaría da praza Curtidoira debido a un incendio que afectou a unha frixideira do local.
As chamas sufocáronse rapidamente sen causar grandes danos aínda que si xerou unha intensa fumareda polo que foi necesario ventilar as instalacións.