As praias de Areas, Silgar, Canelas e Montalvo contan desde este xoves con socorristas
Por Redacción
Dezaoito socorristas e sanitarios incorporáronse este xoves ao servicio de vigilancia nas praias e o fan nos areais máis concurridos. Areas, Silgar, Canelas e Montalvo son por tanto as primeiras praias en contar con este servicio, imprescindible para que poidan izar as súas bandeiras azuis.
O resto do persoal, ata un total de 52, incorporaranse ao servicio a vindeira semana, concretamente o día 1 de xullo, cumprindo un contrato que terá dous meses de duración, ata o 31 de agosto.
Os 18 que xa forman parte da plantilla de seguridade nas praias manterán a súa relación laboral co Concello ata a primeira quincena de setembro e ademáis de desenvolver tareas de salvamento e vixianza nas praias traballarán nos vindeiros días na preparación dos postos de socorrismo que é necesario acondicionar.
Cabe recordar que os postos permanecen pechados todo o ano, polo que é necesaria unha posta a punto e sobre todo a dotación do material preciso para que os sanitarios e os socorristas poidan desenvolver o seu traballo.
O Concello destina este ano unha partida aproximada de 200.000 euros ao Servicio de Vixilancia en Praias, similar á de veráns anteriores.