Alberto Garzón (IU) quere 'beber' da experiencia de Marea Pontevedra
Por Natalia Puga & Diego Torrado
O líder de Esquerda Unida e candidato á Presidencia do Goberno, Alberto Garzón, detívose este sábado en Pontevedra dentro da súa xira por Galicia analizar unha hipotética candidatura de unidade popular ás próximas eleccións xerais do mes de novembro. En declaracións aos medios, eloxiou a "tarea enorme" e "de enorme dificultad" realizada por Marea Pontevedra e, sobre todo, que os integrantes desta forza política están a traballar "con toda la sencillez que requiere el momento".
Garzón augurou que os dous concelleiros electos de Marea "van a defender muy bien los intereses de la mayoría social de Pontevedra" e "van a dar mucho que hablar" porque, segundo o seu punto de vista, van facer a política "tal y como la gente lo está exigiendo, dándole la vuelta a las formas de hacer la política en esta ciudad".
O líder de IU mantivo unha reunión na noite deste sábado cun pequeno grupo de militantes de Marea Pontevedra no Café Moderno co obxectivo de compartir reflexións sobre o momento político sobre o que foi a experiencia de candidatura de unidade popular de Marea Pontevedra "para aprender de ella".
Sobre a súa viaxe a Galicia explicou que realizou unha xira polas cidades galegas para "aprender de las experiencias" porque cre que as candidaturas de unidade popular sacaron "muy bueno resultados" e hai que "intentar expandirlas –las experiencias- a una hipotética candidatura de unidad popular para las generales". Trátase, segundo explicou, de "aprender tanto del método como de la cercanía que han tenido con los barrios" e crear unha candidatura "participativa, hecha desde abajo, con protagonismo ciudadano" y en la que el papel de los partidos sea "ayudando a que eso se pueda formar".
A número 2 de Marea Pontevedra, María del Carmen Moreira, mostrouse encantada de poder recibir "un referente" e "un dos apoios que tivemos na Marea" e aproveitou para recordar que na súa agrupación volveron saír á rúa tras a constitución da nova Corporación de Pontevedra "para que o alcalde se dé conta de que a xente quere que se gaste menos diñeiro".
Esta última afirmación realízaa en relación coa campaña recollida de sinaturas que iniciaron este venres para que a cidadanía solicite ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e os concelleiros de Pontevedra que baixen os seus salarios seguindo o exemplo das novas corporacións de Barcelona ou Madrid, e dos novos gobernos dás Mareas en Coruña, Compostela ou Ferrol.
Relacionadas:
-
"As empresas que xestionan servizos públicos non son ONG, fan negocio á nosa costa. Rescataremos as concesións”
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Marea Pontevedra dedica o sábado a varrer os PTV da cidade
Por Oskar Viéitez |
-
Beiras e Noriega, sobre Marea Pontevedra: non é "inimigo" do BNG, senón un elemento "enriquecedor"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |