Un individuo asalta unha muller fronte ao Teatro Principal e róuballe o bolso dun tirón
Por Oskar Viéitez
Unha muller duns setenta anos de idade foi vítima este sábado dun roubo polo método do tirón.
Segundo informaron testemuñas presenciais o suceso tivo lugar sobre as oito da mañá, a muller camiñaba por diante do Teatro Principal cando un individuo novo a abordou.
Este home agarrou con forza o bolso que portaba a muller arrancándollo das mans, para saír fuxindo a continuación.
A señora empezou a berrar con forza o que alertou os veciños da zona que puideron ver como o "tironero" saía correndo co bolso.
A Policía Local acudiu inmediatamente ao lugar do suceso para atender á muller que estaba visiblemente nerviosa, polo que se chamou a unha ambulancia para atendela, aínda que non foi necesario o seu traslado a un centro sanitario.
Os veciños facilitaron a descrición do "tironero" aos axentes municipais que xa traballan para detelo.