Ferida unha muller tras chocar co seu vehículo contra un camión en Raxó
Por Redacción
De novo a PO-308 foi escenario dun apartoso accidente de circulación nun dos seus tramos urbanos, na localidade de Raxó.
Unha muller resultou ferida tras colisionar o coche que conducía contra un camión na citada estrada, xunto ao límite municipal con Sanxenxo.
Segundo informa o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, o suceso produciuse minutos despois das 10:00 horas da mañá.
A condutora precisou de asistencia sanitaria no lugar do accidente, polo que acudiron ao lugar efectivos de Urxencias Médicas. Ademais solicitouse a presenza da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Poio e do servizo de conservación de estradas para realizar a limpeza da vía.