Marín contratará 20 persoas en paro como socorristas este verán
Por Redacción
O Concello de Marín contratará este verán a 20 traballadores desempregados para o servizo de salvamento e socorrismo das praias do municipio. A contratación farase con cargo a unha subvención da Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do emprego e a mellora da empregabilidade.
Segundo informou o Concello, todas as persoas que queiran entrar no proceso de selección deberán ser desempregadas e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados. Este requisito deberá cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato de traballo.
No caso dos socorristas, ademais, deberán estar en posesión da Titulación de Socorrista Acuático en espazos acuáticos naturais, ter a formación mínima dos socorristas acuáticos que require o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, estar inscritos no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia e ter activada na súa demanda de emprego a ocupación profesional de Bañista-Socorrista.
Relacionadas:
-
Queixas na praia de Bascuas pola falta de vixilantes despois de que os bañistas salvasen un rapaz de morrer afogado
Por Oskar Viéitez |
-
Vía libre para acceder ás praias de Marín
Por Redacción |
-
Marín pon a proba os aspirantes aos postos de socorristas e patróns para as súas praias
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
As praias de Marín contarán con socorristas a partires do 1 de xullo
Por Redacción |